lunes, 23 de marzo de 2020

22 de marzo

Bo día a todos e todas


Tendo en conta que con todas as materias estades a recibir a información do traballo que hai que facer a través de Edmodo, eu tamén vou a facer o mesmo. Penso que así vos resultará máis fácil recibir documentos e enviar o traballo.   



O código de aceso para a aula de 1 ESO CIENCIAS SOCIAIS é:   t6h64t




Os vídeos imolos seguir vendo a través de Edpuzzle.

Se tedes posibilidade informade aos vosos compañeiros. 
Moitas grazas
Roberto

miércoles, 18 de marzo de 2020

Mércores 18 de marzo


1º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas,

Imos a continuar co estudo da prehistoria empezando pola primeira etapa o paleolítico, o que lle dedicaremos o día de hoxe, o próximo luns 23 e o martes 24. (páxinas 150 a 155 do libro)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “o paleolítico”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo

Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da páxina 151

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.
Unha aperta moi grande

martes, 17 de marzo de 2020

Martes 17 de marzo

1º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas,

Hoxe imos iniciar o tema de A Prehistoria.

Centrarémonos nas etapas da prehistoria, na evolución do ser humano e proceso de hominización.  (páxinas 148 e 149 do libro)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “el proceso de hominización”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo. 
Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da páxina 148

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas ( se é posible deberían vir o resumo e as respostas no mesmo documento)

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.


Unha aperta moi grande

lunes, 16 de marzo de 2020

luns 16 de marzo


1º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que esteades  con ganas de traballar un pouco poñémonos mans a obra. Moito animo!

Hoxe imos comezar o estudo da historia. Nas páxinas 142, 143, 144 e 145 do libro de texto, atopamos información que é interesante antes de afrontar o estudo das etapas históricas.

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “a introdución a historia”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo.

Despois deste traballo previo tedes que facer a ficha que dos deixo a continuación. (un enlace abre a ficha en word e outro en Pdf)


Estes enlaces levarante a slideshare.  Debaixo do documento, verás unha pestaña que pon descargar.
Unha vez feita, debes enviarma para corrixila.

Se a fixeche en word, podes gardala no teu ordenador e enviarma por correo.
Se a baixache en pdf podes imprimila e despois de facela, sacarlle unha foto e enviarma por correo.
polo mesmo medio podes mandarme o resumo feito.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.
Unha aperta moi grande