Mostrando entradas con la etiqueta 1º eso proceso hominización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º eso proceso hominización. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de marzo de 2020

Martes 17 de marzo

1º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas,

Hoxe imos iniciar o tema de A Prehistoria.

Centrarémonos nas etapas da prehistoria, na evolución do ser humano e proceso de hominización.  (páxinas 148 e 149 do libro)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “el proceso de hominización”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo. 
Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da páxina 148

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas ( se é posible deberían vir o resumo e as respostas no mesmo documento)

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.


Unha aperta moi grande