lunes, 16 de marzo de 2020

luns 16 de marzo


1º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que esteades  con ganas de traballar un pouco poñémonos mans a obra. Moito animo!

Hoxe imos comezar o estudo da historia. Nas páxinas 142, 143, 144 e 145 do libro de texto, atopamos información que é interesante antes de afrontar o estudo das etapas históricas.

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “a introdución a historia”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo.

Despois deste traballo previo tedes que facer a ficha que dos deixo a continuación. (un enlace abre a ficha en word e outro en Pdf)


Estes enlaces levarante a slideshare.  Debaixo do documento, verás unha pestaña que pon descargar.
Unha vez feita, debes enviarma para corrixila.

Se a fixeche en word, podes gardala no teu ordenador e enviarma por correo.
Se a baixache en pdf podes imprimila e despois de facela, sacarlle unha foto e enviarma por correo.
polo mesmo medio podes mandarme o resumo feito.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.
Unha aperta moi grande


No hay comentarios:

Publicar un comentario