1º ESO CIENCIAS SOCIAIS
Bo día a todos e todas,
coa esperanza de que esteades con ganas de traballar un pouco
poñémonos mans a obra. Moito animo!
Hoxe imos comezar o
estudo da historia. Nas páxinas 142, 143,
144 e 145 do libro de texto,
atopamos información que é interesante antes de afrontar o estudo das etapas
históricas.
Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “a
introdución a historia”
Como facemos
habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo
menos 2 veces) e facede un pequeno resumo.
Despois deste traballo
previo tedes que facer a ficha que dos deixo a continuación. (un enlace abre a
ficha en word e outro en Pdf)
Estes enlaces levarante a
slideshare. Debaixo do documento, verás unha pestaña que pon descargar.
Unha vez feita, debes enviarma para
corrixila.
Se a fixeche en word, podes gardala
no teu ordenador e enviarma por correo.
Se a baixache en pdf podes imprimila
e despois de facela, sacarlle unha foto e enviarma por correo.
polo mesmo medio podes mandarme o resumo feito.
Se tedes algunha
dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes
posible.
Unha aperta moi
grande